Deportes

O alcalde avanza nas xextións para que a cidade teña un equipo de fútbol en 1ª RFEF

Mantéñense conversas co DUX International para que este equipo se traslade a Ourense e xogue xa varios partidos esta tempada no campo do Couto

O alcalde avanza nas xentións para que a cidade de Ourense teña un equipo de fútbol en 1ª RFEF / Club Dux International

O alcalde avanza nas xentións para que a cidade de Ourense teña un equipo de fútbol en 1ª RFEF

Ourense

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, na súa tentativa de que Ourense teña un club de fútbol nunha categoría acorde coa cidade, e ante a negativa da U.D.Ourense a fusionarse con Ourense CF e poder facer un gran club competitivo ourensán, confirma que leva semanas captando profesionais do mundo do fútbol para situalos na cidade das Burgas, co capital privado destes.

O punto máis avanzado, é que recentemente houbo diversas conversacións con club de fútbol 1ª RFEF, o DUX International, para explorar o traslado a Ourense cidade deste club para a tempada 2022-2023. O club incluiría o nome de Ourense na súa nmenclatura.

O DUX International é un club ´´ sen casa´´, que peregrinou por diversos campos como local nos últimos anos. Neste sentido, Ourense cidade ofrécelle a este club o que non ten, e o club DUX Internationale dálle a Ourense cidade, o que esta non ten, un club competitivo. Ambos se completarian.

No accionariado do DUX International destaca o porteiro do Real Madrid, Thbaut Courtois, así como os célebres youtubers Kolderiu e DJ Mariicio, así como o equipo campión de Esports, DUX Gaming.

O equipo xa podería xogar varios partidos no campo do Couto esta mesma tempada 2021-2022, fronte a equipos como o Deportivo da Coruña, o Pontevedra, Racing de Ferrol ou Racing de Santander, así como os encontros da Copa do Rei. Na seguinte tempada, a 2022-2023, o equipo xogaría no Couto todos os seus partidos.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00