Nigrán recupera o seu festival 'Rock in Río'
O festival máis roqueiro do Concello de Nigrán regresa este ano á zona do mercado de Patos con entrada libre ata completar o aforo

Family Folks / Concello de Nigrán

Vigo
O Concello de Nigrán recupera este sábado 28 de agosto con "Family Folks" e a banda tributo a Leño "El tren" o seu senlleiro festival "Rock in Patos".
Novamente, a zona do mercado de Patos (rúa Cansadoura) será o escenario elixido para que os amantes do rock gocen da música en directo. Esta terceira edición, que conta novamente co apoio económico da Deputación de Pontevedra a través da liña 2 do Plan Concellos, volverá a ser inclusiva grazas ás cinco mochilas vibratorias do Concello de Nigrán para o uso das persoas xordas, así, os interesados en empregalas deben solicitalas previamente no mail info@entresignos.com ou no whatsapp 690679675.




