Case 2.400 mozos e mozas de Bergantiños viaxan gratis coa tarxeta "Xente Nova"
:quality(70)/cloudfront-eu-central-1.images.arcpublishing.com/prisaradio/GZOSGYMYY5OU5MELSAPYVFGZOQ.jpg)
Ethel Vázquez na estación de autobuses de Carballo / Xunta
Costa da Morte
A Conselleira de Infraestruturas e mobilidade estivo esta mañá na estación de autobuses de Carballo supervisando o funcionamento da Tarxeta Xente Nova coa que a mocidade pode viaxar gratis por toda Galicia no transporte colectivo.
Para Vázquez esta tarxeta é una conquista social da mocidade galega e un revulsivo para fomentar o uso do transporte público e un apoio importante á economía das familias.
Calcúlase que grazas a esta axuda da Xunta calquera estudante menor de 21 anos de Carballo que viaxe a diario á Coruña pode aforrar 1260 € ao longo dos 9 meses que dura o curso. No caso de que ese mozo de Carballo estude en Santiago, o aforro será de 1.200 euros anuais.
Neste momento hai en Carballo 1.339 menores de 21 anos que xa dispoñen da Tarxeta, 2.387 en toda a comarca de Bergantiños.