O PSOE coruñés cualifica de "trapallada" a moción de censura en Malpica

Rolda de Prensa de Walter Pardo, José Antonio Viña e José Manuel Lage Tuñas / PSOE coruña

Costa da Morte
Os socialistas coruñeses amosaron seu apoio a Walter Pardo a 2 días da celebración do pleno no que se producirá o cambio de goberno coa volta do popular Eduardo Parga a alcaldía grazas ao apoio do concelleiro non adscrito Alfredo Cañizo.
O alcalde socialista estivo arroupado na rolda de prensa celebrada este mércores polo coordinador comarcal José Antonio Viña e o secretario de organización provincial José Manuel Lage Tuñas quen cualificou a moción de trapallada, asegurando que se trata dunha manobra con intereses ocultos contrarios ao interese veciñal.
Segundo Lage Tuñas o Partido Popular volve ao pasado e ás peores prácticas que hai na política, defendeu ao actual alcalde asegurando que Walter Pardo é una persoa íntegra que traballou polo interese xeral.
Pardo asegurou que a do venres é a moción da vergoña cunha escusa ridícula, en dous anos non fixeron nin una proposta en positivo. Acusou ao PP e a Cañizo de querer apropiarse da xestión dos socialistas con 850.000€ en proxectos a piques de empezar a realizarse e 1.700.000 € de remanente.
Pola súa banda o responsable comarcal José Antonio Viña considera a moción una pésima noticia para Malpica porque volve o grupo de goberno que tivo Malpica paralizada durante 8 anos e augurou que nos próximos meses volverán a inacción e as leas internas.




