Policía Local e Garda Civil acordan reforzar os efectivos de cara ao control do ocio nocturno
Vixilarase o cumprimento do horario e das medidas sanitarias

Junta Local de Seguridad / Subdelegación Gobierno

Vigo
A alcaldesa de Salceda solicitara a celebración desta Xunta Local de Seguridade Extraordinaria debido aos feitos acontecidos durante os últimos fins de semana debido a alta presenza de xente nas rúas unha vez que pechan os locais de ocio nocturno. Estes acontecementos motivaran que xa na última fin de semana se reforzara a presenza da Garda Civil na localidade.
Por todo isto, durante a reunión establecéronse os diferentes dispositivos de coordinación e colaboración para afrontar os problemas derivados do ocio nocturno con patrullas conxuntas da Garda Civil e da Policía Local, que velarán polo cumprimento das medidas sanitarias vixentes.
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
Entrevista a Verónica Tourón, alcaldesa de Salceda




