Sábado, 18 de Septiembre de 2021

Otras localidades

Malpica de Bergantiños

Eduardo Parga volve a alcaldía de Malpica co apoio de Alfredo Cañizo

Eduardo Parga

Eduardo Parga / concelo de Malpica

O Popular Eduardo Parga volve á alcaldía de Malpica ao prosperar a Moción de censura contra o socialista Walter Pardo. Parga tivo o apoio do non adscrito Alfredo Cañizo que ata finais de Agosto formaba parte do tripartito xunto PSOE e BNG.

Pasadas as 12 do medio día daba comezo un pleno no Centro Cívico de Malpica moi tenso con continuas interrupcións por parte do público asistente que obrigou ao concelleiro Miguel Ángel Fernández a ameazar varias veces con expulsalos. Logo das intervencións dos voceiros de cada grupo procedeuse á votación na que o concelleiro non adscrito Alfredo Cañizo votou a favor da moción xunto aos 6 do Partido Popular acadando a maioría fronte aos 4 socialistas e os 2 concelleiros do BNG.

Nas súas intervencións Walter Pardo insistiu en cualificar a moción como “a moción da da vergoña” e de que o PP e Cañizo queren aproveitarse da boa xestión do seu goberno. Criticou que o texto da moción estivese integramente en Castelán e que non dedicase nin unha palabra aos verdadeiros problemas dos veciños como o sector da pesca ou do agro.

Pola súa banda o candidato Eduardo Parga acusou ao goberno socialista de inacción, de apropiarse das obras que deixara firmadas o anterior goberno popular e de non ter levado adiante ningunha obra importante en 2 anos.

Cañizo defendeu a súa longa traxectoria na política e o seu dereito democrático a apoiar un cambio de goberno.

Pola súa anda o voceiro nacionalista Daniel García defendeu o traballo do goberno do que formaron parte, aínda que non sempre acertaran.

 

Pasadas as dúas da tarde procedeuse á votación e a toma de posesión por parte de Eduardo Parga como novo alcalde de Malpica.

Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

A continuación

    Último boletín

    Emisoras

    Elige una emisora

    Cadena SER

    Compartir

    • Notice: Undefined variable: lb_es_acceso_con_movil in /mnt/filerprod/html/produccion/datos/rhabladas/cadenaser/ser/templates/includes/v3.x/v3.0/include_player_permanente.html on line 118

    Tu contenido empezará después de la publicidad

    Cadena SER

    ¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?