Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast
Sociedad
Redondela

O Goberno manterá unha xuntanza coa veciñanza para dar conta do inicio das obras da Praza de Ponteareas

A reunión terá lugar o vindeiro mércores, 8 de setembro, ás 20 horas no Multiúsos da Xunqueira

Concello Redondela / redondela.gal

Concello Redondela

Vigo

Informar sobre a nova Praza de Ponteareas e o que esta obra significa para o desenvolvemento futuro de Redondela, é un dos obxectivos que busca a reunión aberta que o Goberno local manterá coas veciñas e veciños o vindeiro mércores, 8 de setembro, ás 20 horas no Multiúsos da Xunqueira.

A alcaldesa Digna Rivas lembrou que o proxecto xa foi presentado no Concello hai máis dun ano, “agora queremos que a veciñanza estea informada puntualmente sobre a execución das obras que, dado o calado das mesmas, orixinará inconvenientes e molestias polas que pedimos a veciñanza a súa comprensión e paciencia”.

A rexedora local non dubidou en asegurar que a execución destas obras supoñen “a total transformación dunha das principais vías de entrada ao casco urbano” e nas que o asfalto “deixará paso a un espazo pensado, fundamentalmente, para o desfrute da veciñanza e no que as e os peóns teñan prioridade sobre os vehículos”.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir