Martes, 21 de Septiembre de 2021

Otras localidades

Mos

O Concello traballa para impedir a fuga da industria a Portugal

As empresas situadas na actualidade na área industrial de Monte Faquiña xeran emprego de maneira directa a 800 persoas

La alcaldesa en una reunión

La alcaldesa en una reunión / Concello de Mos

 Firmas como Dalot, Ralotrans, PMA Nutrigas, Termojet, Autocares García, Blanco Quintas, Neumáticos Berbés, Grupo Copo, Locatel, Integral Data, ante o incremento de ata un 1200 % nos prezos de canon por uso dos terreos por parte da CXMM de Tameiga, xa barallan a súa presenza no país veciño.

O concello de Mos tiña rexistrada no inventario municipal esta parcela dende o ano 1952 e no Rexistro da Propiedade dende o ano 1955, xestionado a mesma sempre coa premisa de lograr o crecemento e desenvolvemento económico do municipio, facilitando a implantación de empresas que xeraran empregos e oportunidades para os veciños e veciñas de Mos

A comunidade montes de Tameiga instou ante o xurado provincial de Montes ó recoñecemento de monte Faquiña como terreno veciñal pero esta petición foi desestimada polo Xurado. Sendo ademáis esta decisión parcialmente confirmada polo TSJ de Galicia no ano 1992 ó confirmar a falta de aproveitamento veciñal en toda a superficie de Montefaquiña ocupada por empresas.

É no ano 2015 tras demanda civil reclamando a titularidade dos terreos que a xustiza estima a solicitude e declara a propiedade por parte da comunidade de montes de Tameiga.

Tralo recoñecemento da súa titularidade, ésta se subroga na posición do Concello, se ben agora a pretensión da Comunidade é establecer un criterio distinto no cálculo do canon a estas empresas que supón incrementar nun 1.200 % o que tiñan.

E ademais aínda que, a proposta inicial foi establecer este criterio con carácter anual, o acordo final da Comunidade fixouse nunha vixencia mensual, argumentando o incremento co prezo de mercado.

A vontade das empresas foi sempre aceptar un incremento proporcionado e razoable pero coa proposta da Comunidade de Monstes que postula unhas condicións innegociables moitas sopesan a deslocalización en novos emprazamentos en polígonos do norte de Portugal.

As empresas situadas na actualidade na área industrial de Monte Faquiña alcanzaron xeran emprego de maneira directa a 800 persoas. O seu peso na economía do sur da provincia de Pontevedra foi sempre moi significativa, pero ameaza con producirse unha fuga total de empresas cara a Portuga.

Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

A continuación

    Último boletín

    Emisoras

    Elige una emisora

    Cadena SER

    Compartir

    • Notice: Undefined variable: lb_es_acceso_con_movil in /mnt/filerprod/html/produccion/datos/rhabladas/cadenaser/ser/templates/includes/v3.x/v3.0/include_player_permanente.html on line 118

    Tu contenido empezará después de la publicidad

    Cadena SER

    ¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?