Sociedad
Diputación Provincial Pontevedra

Uxío Benítez explica a 'Fórmula Ágora' da Deputación de Pontevedra na Coruña

O deputado provincial participou nun foro organizado polo concello coruñés ao abeiro da Semana Europea da Mobilidade

Uxío Benítez / Deputación Pontevedra

Vigo

O deputado de Espazos Públicos e Mobilidade Uxío Benítez explicou este martes en A Coruña a ‘Fórmula Ágora’ da Deputación para implicar aos pequenos concellos da provincia na recuperación do espazo público para as persoas. E fíxoo nun relatorio organizado polo Foro da Mesa pola Mobilidade Sostible do Concello da Coruña celebrado no Museo Científico- Domus.

Benítez compartiu palestra con Ana Montalbán e Mateus Porto, dous arquitectos especialistas integrantes da Rede de Cidades que Camiñan, nun intento de poñer en común o que está a facer na provincia de Pontevedra por avanzar cara a unha mobilidade sustentable e vencer as resistencias que desde diferentes sectores dificultan ese avance, poñendo no foco en que a mellora da mobilidade non se pode circunscribir ás grandes urbes e debe estenderse a todas as outras vilas, municipios e núcleos. De feito, foi este o motivo polo que a organización considerou “transcendental e imprescindible” contar coa Deputación de Pontevedra na xornada.

Benítez explicou que nestes momentos hai 54 concellos implicados na ‘Rede Ágora de Concellos Polo Espazo Público’ na provincia de Pontevedra e que a Deputación está a fomentar e a asesorar a realización de actuacións para mellorar a calidade urbana das vilas, así como poñendo subvencións económicas a disposición dos concellos tanto para realizar proxectos que prioricen ás persoas como tamén para a execución de obras. Así mesmo, explicou que a Deputación ten en marcha a iniciativa da ‘Facultade Ágora’, coa que está a formar a persoal técnico e político da provincia cun grande elenco de especialistas de diferentes disciplinas que abordan a necesidade de recuperar o espazo público para o seu uso social fronte á invasión dos vehículos a motor.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00