Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast
Sociedad
O Porriño

'Trivium Porriño' cambia de localización as dúas próximas eliminatorias

Mantense a hora prevista, a partir das 18.00 horas, os dous días

Trivium O Porriño / Concello de O Porriño

Trivium O Porriño

Vigo

A Concellería de Festexos informa que, debido á previsión meteorolóxica, decidiu cambiar o lugar onde se celebrarán as dúas próximas quendas de clasificación do xogo "Trivium Porriño" previstas para o venres 24 e o sábado 25. Terán lugar no pavillón do colexio "Fernández López"onde se instalará o escenario para o desenvolvemento das dúas probas. Haberá público con aforo limitado. Mantense a hora prevista, a partir das 18.00 horas, os dous días.

As dúas primeiras quendas celebraronse a fin de semana pasada no Parque do Cristo. "Trivium Porriño" é un xogo similar ao "Trivia" pero personalizado na nosa vila para por a proba o grao de coñecemento que os participantes teñen sobre Porriño. Preparáronse 1.500 preguntas sobre O Porriño relativas á historia, xeografía, ciencia e natureza, arte e literatura, deportes e entretemento.

“A infografía do escenario do xogo vai centrada no Pan do Porriño e na súa receita como referencia á nova meta acadada coa concesión da Marca Protexida Pan do Porriño”, segundo sinalou Cami Moreira, concelleira responsable.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir