Sociedad
Vigo

Actividades gratis e xornadas de portas abertas en Máis que Auga

Máis que Auga súmase así á Semana Europea do Deporte

Semana Europea do Deporte / Máis que Auga

Vigo

Máis que Auga súmase á Semana Europea do Deporte cunha programación de actividades gratuítas para socios e non abonados, que se celebran estes días, do 20 ao 26 de setembro.

Ademais, durante a fin de semana do 25 e 26 de setembro haberá unhas xornadas de portas abertas nos tres centros para que aqueles que non as coñezan poidan pasarse pola sala fitness e/ou a piscina e gozar da actividade física nas nosas instalacións e cos nosos técnicos.

O obxectivo desta iniciativa da Comisión Europea, que se celebrará en todos os países membros da Unión Europa, é promocionar o deporte e combater o sedentarismo.

Así, desde o luns 20 ata o domingo 26 haberá unha programación de actividades variadas (de auga e seco) en todos os nosos centros nas que poderedes apuntarvos de forma gratuíta ata completar o aforo dispoñible. Habrá desde as máis clásicas (zumba, aquagym), ás máis novas (pyro, invicto, zenyo) ou as máis relaxadas (pilates, taichi ou ioga), en diferentes horarios e durante toda a semana.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00