Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Os cabaliños de xoguete volverán cabalgar polos xardíns de Méndez Núñez

A proposta naceu directamente a familia do fundador dos históricos equinos de xoguete, parte indeleble da memoria de moitos coruñeses

Uno de los caballitos de los jardines Méndez Núñez / Concello da Coruña

Uno de los caballitos de los jardines Méndez Núñez

A Coruña

O Concello da Coruña estuda a fórmula legal para retomar os históricos caballitos de Méndez Núñez, retirados dos xardíns fai vinte anos. A proposta naceu directamente a familia do fundador dos históricos equinos de xoguete, parte indeleble da memoria de moitos coruñeses.

Non hai nada pechado, pero o goberno local xa prepara a maneira de que volvan circular por "o recheo coruñés". A idea é restauralos todos e que sexa unha entidade sen ánimo de lucro quen os xestione, ao estilo da concesión do quiosco da praza de Ourense, con Down Coruña. Outra posibilidade sería sacar a súa xestión a concurso público. Luís Mediero, fillo do fundador, estivo no programa Neste momento A Coruña. Para a familia representan moito máis que uns simples caballitos de fibra de carbono.

Cabalgaron por Méndez Núñez nos anos 70, 80 e 90. O xoves pola tarde un dos caballitos puido volver a trotar fronte á estatua de Daniel Carballo. O único, por agora restaurado polas mans dun neto do fundador, Pablo Senra, neto do primeiro Luís Mediero. Un acto ao que acudiron moitos curiosos e máis nostálxicos. Os primeiros caballitos construíronse nunha nave de Mera situada xunto á antiga fábrica de ladrillos da lagoa.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir