Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast
Sociedad
Redondela

Redondela reafirma o compromiso cos seus ríos sumándose á limpeza simultánea do "Proxecto Ríos"

O Concello colaborará coa asociación ArteLixo na limpeza do río Pexegueiro e coa Asociación de Veciños de Chapela, na retirada de lixo do río Maceiras

Cartel Limpieza Río / Concello Redondela

Cartel Limpieza Río

Vigo

A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Redondela vén de reafirmar a súa aposta polos ríos sumándose á xornada de Limpeza Simultánea de ríos que se desenvolverá este vindeiro domingo, 26 de setembro ao abeiro do "Proxecto Ríos"promovido por Adega.

Tal e como adiantou Alberto Álvarez, o Concello redondelán a través do Departamento de Medio Ambiente colaborará coa asociación ArteLixo e coa Asociación de Veciños de Chapela nas limpezas que levarán acabo nos ríos Pexegueiro e Maceiras.

“Nestas últimas datas estivemos traballando arreo na limpeza e rozado das beiras dos treitos urbanos dos nosos ríos que son nos que o Concello ten competencias –explica o concelleiro– polo que a participación no Proxecto Ríos e a campaña de limpeza simultánea supón unha acción máis na protección do noso medio natural”.

Río Pexegueiro

A limpeza do río Pexegueiro, organizada pola asociación ArteLixo terá o seu punto de reunión e saída fronte á Piscina Municipal de Redondela ás 10 horas. Unha vez rematadas as labores de limpeza, está prevista a celebración dun xantar popular á beira do río na que as e os participantes deberán levar a súa comida. A inscrición para participar nesta iniciativa deberá realizarse no correo artelixoredondela@gmail.com.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir