Sociedad | Actualidad
A Costa da Morte

Alfonso Rueda presenta en Fisterra os proxectos turísticos da Xunta cos que captar 28M de fondos Europeos

Fisterra

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, participou hoxe no acto de conmemoración do Día Mundial do Turismo, onde incidiu na importancia do modelo turístico galego baseado na seguridade e na calidade que permitiron obter bos resultados de afluencia turística este verán e que ademais serán os piares das actuacións coas que o Goberno galego pretende captar case 28 millóns de euros de fondos da Unión Europea para reactivar o sector.

Rueda presentou as seis propostas de actuacións de cohesión que a Xunta presentará aos fondos europeos extraordinarios do Plan Territorial de Sustentabilidade Turística en Destinos e ao Plan Nacional Xacobeo 21-22, no marco da Estratexia de Sustentabilidade Turística en Destino .

A Xunta presentou tres iniciativas para o seu Plan Territorial de Sustentabilidade Turística en Destino, o Plan do Litoral, por un orzamento de 14,6 millóns de euros. En concreto, case 8 millóns de euros para actuacións de rehabilitación e embelecemento da fachada litoral, outros 3,5 millóns á mellora da senda litoral e 3 millóns para poñer en marcha infraestruturas e actividades encamiñadas a potenciar Galicia como destino náutico desenvolvendo os minicruceiros como produto turístico.

Por outra banda, a Xunta propón outros tres proxectos dotados cun orzamento de 13,1 millóns de euros no marco do Plan Nacional Xacobeo 21-22, para o que se contempla unha actuación de cohesión orientada a facer de Galicia un destino cicloturista utilizando as rutas xacobeas e a rede Eurovelo cun investimento de 3,5 millóns de euros; 3,2 millóns co obxectivo de revalorizar a ruta xacobea marítimo-fluvial polo Mar de Arousa coñecida como ruta Traslatio a través da mellora das infraestruturas náutico-portuarias e coa creación de espazos para atender aos peregrinos; e 6,5 millóns para poñer en valor o Camiño de Santiago como unha experiencia segura, innovadora e tamén en familia.

As actuacións deste último proxecto enmárcanse no Plan Director dos Camiños de Santiago 2021-2027 que a Xunta xa licitou para continuar co traballo feito ata agora na mellora da conservación das rutas, dos albergues e dos servizos de atención ao peregrino, incluíndo actuacións que fomenten desfrutar da experiencia do Camiño en familia con nenos e nenas.

Na conmemoración do Día Mundial do Turismo en Fisterra, ao que tamén acudiu a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, o vicepresidente primeiro da Xunta lembrou que Galicia segue estando de moda neste Xacobeo 21-22 como se constata cos datos de agosto, que sitúan á comunidade galega como a única de España que conseguiu superar as cifras turísticas prepandemia. De feito, en agosto rexistrouse un 70% de ocupación respecto ao ano pasado e cun comportamento 27 puntos mellor que a media nacional en comparación cos datos de agosto de 2019.

Alfonso Rueda lembrou que estes resultados son froito do traballo feito para reforzar Galicia como destino seguro e de calidade con iniciativas pioneiras como o seguro coronavirus, o bono turístico ou a campaña Camiña a Galicia. Por iso, instou a seguir traballando no modelo do futuro do turismo galego no marco do Plan Director 2021-2023 Galicia Destino Seguro apostando por unha oferta na que prime a seguridade, a calidade e a sustentabilidade co obxectivo de acadar os 5 millóns de visitantes en 2023.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00