Sociedad
Sada

A Xunta de Galicia afirma que ten "moi avanzado" o expediente para declarar BIC o Museo Carlos Maside

Sinala que está en negociacións cos actuais propietarios para a súa reapertura

Museo Carlos Maside / Xunta de Galicia

A Coruña

A Xunta ten moi avanzado o expediente para incoar a declaración de Ben de Interese Cultural para o Museo Carlos Maside de Sada, pechado desde fai cinco anos por decisión dos actuais propietarios de Sargadelos. O director xeral de cultura, Anxo Lorenzo, non dá unha data sobre o inicio da declaración pero asegura que xa se conta coa maior parte de informes. Estuda polo demais vías de colaboración coa propiedade actual para colaborar na reapertura das instalacións.

Explica que hai que resolver problemas arquitectónicos e de accesibilidade e posteriormente o financiamento da posta en marcha e apertura de portas, con gastos de persoal e mantemento que seguen negociándose. Anxo Lorenzo explica que hai que definir ademais a forma de xestión.

Segundo o catálogo elaborado pola Xunta de Galicia no Museo Carlos Maside hai máis de dous mil pezas de avlor entre cadros, escultura e cerámica. O museo conta con obras de Maruja Mallo, Luís Seoane, Laxeiro ou Colmeiro.

Para expertos como Rosario Sarmiento o museo está abandonado e nun estado de conservación moi deficiente. As obras están inventariadas, sinala, e deben sufrir unha deterioración diaria, con problemas de humidades e sen protección lumínica. A avogada especialista en dereito cultural, Patricia Gabeiras advirten de que se poden iniciar accións pola falta de protección, concretamente por espolio por omisión se non se adoptan medidas para recuperar a actividade.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00