Malestar en Dumbría coa decisión da Xunta de impulsar unha canle de Slálom de augas bravas en Pontevedra
O Concello dumbriés leva anos buscando o apoio da Xunta para a realización dunha infraestrutura similar
Costa da Morte
O Concello de Dumbría leva anos intentando crear una canle de slálom de augas bravas no río Xallas. Un proxecto que precisaría un investimento moi baixo, calculan que o movemento de pedras no río sería duns 50.000€ e o beneficio podería ser moi importante para o sector turístico de toda a comarca ao facilitar a chegade de deportistas de nivel internacional que ao longo do inverno non poden adestrar nos seus respectivos países. O técnico de deportes dumbriés César Ferrío amosase moi molesto xa que dende o primeiro momento a Xunta bloqueou o proxecto na Costa da Morte, chámalle a atención que agora a administración autonómica impulse una infraestrutura de similares características en Pontevedra. Ferrío aplaude o proxecto pontevedrés, “cantas máis infraestruturas mellor para este deporte”. Pero considera que a falta de interese pola iniciativa dumbriesa é unha mostra máis do desprezo da Xunta cara o rural e cara a Costa da Morte en particular.
Esta semana terán una reunión no Concello para analizar a situación e decidir se continúan adiante co proxecto, aínda que sexa con fondos propios, ou se finalmente desisten ante o claro desinterese do goberno de Feijóo.