Martes, 18 de Enero de 2022

Otras localidades

CIG

O comité de Vitrasa convoca paros parciais contra o "exceso de xornada e os incumprimentos da empresa"

Desenvolveranse de luns a venres a partir deste luns día 4

Autobús de Vitrasa

Autobús de Vitrasa / Televigo

O comité de empresa de Vitrasa, concesionaria do transporte urbano do Concello de Vigo, acordou a convocatoria de paros parciais que levou a cabo no mes de agosto para denunciar os reiterados incumprimentos do convenio colectivo. Nesta ocasión os paros desenvolveranse de luns a venres, excepto festivos, a partir do 4 de outubro.

Os devanditos paros faranse efectivos nas seguintes franxas horarias: de 7:30 a 9:30 horas, de 13:00 a 15:00 horas e de 19:00 a 21:00 horas; e terán, en principio, carácter indefinido, podendo chegar a ampliarse en caso de continuar sen solucións.

Con esta medida de presión o comité de empresa, presidido pola CIG, pretende lograr unha redución da xornada anual do colectivo de condución, que nestes momentos é excesiva, que se regule o descanso diario e que se permita o goce das vacacións en período estival.

Dende a representación do persoal lembran que na actualidade padecen xornadas de até 10 horas diarias con tempos de percorridos imposíbeis de cumprir, “o que sumado ás obras que hai en marcha na cidade e aos atascos que se forman provoca unha gran tensión e altos niveis de estrés ao volante engadidos, ao que hai que engadir a falta de descanso que todo isto propicia”.

Ao mesmo tempo, denuncian incumprimentos do convenio no referente aos horarios de entrada e saída, horas de comida, atrasos nas nóminas, así como a vulneración de acordos paralelos ao convenio. “Por non falar dos requirimentos da Inspección de Traballo que a empresa se nega a cumprir”.

Outra das cuestións teñen que ver cos postos de traballo estruturais que son cubertos por distintos grupos de eventuais, precarizando a contratación e xerando inseguridade no colectivo de eventuais. “Na actualidade hai máis de 60 traballadores eventuais rotando en pequenos grupos sen unha solución de futuro, traballadores/as que logo de seis meses contratados/as vanse á rúa durante un ano e medio aproximadamente”.

Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

A continuación

    Último boletín

    Emisoras

    Elige una emisora

    Cadena SER

    Compartir

    Tu contenido empezará después de la publicidad

    Cadena SER

    ¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?