Sociedad
Bibliotecas

A Biblioteca Nós estrea o Espazo CreOU

Tamén haberá un novo espazo con equipos de televisión e lectores blue-ray

Rosa Díaz, directora de la Biblioteca Nós y Luz Rodríguez, primera expositora del Espazo CreOU / Radio Ourense

Ourense

As bibliotecas non só son espazos para ler ou traballar. Tamén para compartir e crear. Os espazos audiovisuais van ampliando o seu espazo nos andeis, o que se combina con novas propostas. Unha delas, xa dispoñible na biblioteca nós. Rosa Díaz, a súa directora, explica que o obxectivo “é dar unha alternativa ao fogar e ao traballo no inverno facilitando acceso aos usuarios auriculares e un monitor”.

 O espazo disponible, no primeiro e segundo andar, está destinado a maiores de 14 anos ou menores acompañados por un responsable. Para facer uso, simplemente fai falta ter “o carné de calquera biblioteca de calquera biblioteca da rede da Xunta”. Outra das novidades, que xa están activas na Biblioteca Nós, é o Espazo CreOU. Un recuncho da biblioteca dedicado a todas aquelas persoas que queiran amosar as súas creacións. Só hai que ser residente na provincia, maior de 16 anos. Poden ser profesionais ou afeccionados. Tamén poden usar o espazo as persoas xurídicas con sede na provincia.

O Espazo CreOU comeza andaina coa creación Maruja, de María Luz Rodríguez. Luz ten 54 anos, dedícase profesionalmente ao son e considera o Espazo CreOU como “unha oportunidade”.

“Maruja” é unha historia feita audioconto que narra as experiencias na emigración dunha muller galega e aos que dez artistas propuxeron dez imaxes que se poden ver ao longo de todo o mes. Para escoitar e ver o conto Maruja só hai que visitar o espazo creou da Biblioteca Nós e o escanear o código QR.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00