Política
O Porriño

A piscina municipal de O Porriño recupera a normalidade

Estes días habilitáronse as clases de iniciación á natación para bebés

Piscina Municipal / Concello de O Porriño

Vigo

A Piscina Municipal do Porriño recupera a normalidade no seu funcionamento coa incorporación de cursos e clases para diferentes grupos de idade, como consecuencia do alivio das restricións debidas á pandemia.

Estes días habilitáronse as clases de iniciación á natación para bebés, dende os 6 meses ata os 18 meses. Do mesmo xeito, tamén se imparten clases de natación para nenos e nenas a partir dos 3 anos.

Por outra banda, tamén se retomaron as clases con grupos de alumnos a través das Anpas, así como as clases para adultos e maiores de natación, aquagym e Pilates, segundo Belén Pazos, directora da Piscina Municipal.

Finalmente lembramos o horario de funcionamento das instalacións:

- Luns: de 7.00 a 22.00 h.

- Martes: de 7:00 a 22:15.

- Mércores: de 07:00 a 22:00 h.

- Xoves: de 07:00 a 22:15.

- Venres de 7:00 a 14:00 e de 15:45 a 22:15.

- Sábados: de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:30.

- Domingos: de 10:00 a 14:00.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00