Lunes, 06 de Diciembre de 2021

Otras localidades

A Costa da Morte

O comité de XEAL reclama a intervención inmediata da Xunta

Reclaman que se recoñeza a nulidade da operación de venda entre Ferroatlántica e TPG-Ithaka

Concetración dos traballadores de XEAL

Concetración dos traballadores de XEAL / Comité XEAL

Costa da Morte
Cee
Dumbría

O comité de XEAL trasladoulle á conselleira de Emprego, María Xesús Lorenzana, e á directora xeral de Planificación Enerxética, Paula Uría, a necesidade de que a Xunta de Galiza interveña de inmediato debido á “deriva laboral e produtiva das fábricas de ferroaliaxes de Cee e Dumbría e os manifestos incumprimentos das cláusulas concesionais dos aproveitamentos hidráulicos”. Así llo trasladaron na reunión mantida na tarde do xoves, na que tamén reclamaron que se recoñeza a nulidade da operación de venda entre Ferroatlántica e TPG-Ithaka.

Esta xuntanza foi continuación da mantida hai xa un ano co conselleiro de Industria, Francisco Conde, en base ao compromiso adquirido pola administración de manter información fluída co comité. Dende o Comité cirtican que en todo este tempo “a Xunta non só non actuou, senón que a situación nas fábricas segue empeorando”.

Os representantes dos traballadores aseguran que dende que a dirección de XEAL se fixo cargo do complexo industrial e enerxético a produción dos fornos foise recortando de maneira progresiva, perdéronse xa 30 postos de traballo directos, 80 eventuais, así como moitas empresas auxiliares. Segundo indican, no mercado internacional existe demanda de ferroaliaxes e estase rexistrando un incremento dos prezos dos metais, pero a empresa segue negándose a presentar un plan de viabilidade e de investimentos e a concretar un calendario para o rearranque dos fornos. Aseguran tamén dende o Comité que a pesar que o grupo Ferroatlántica (único cliente) solicitou arrancar os fornos 13 e 14 éstes seguen parados por disputas entre XEAL e a propia Ferroatlántica.

Os representantes dos traballadores insisten en que XEAL só ten interese no negocio da electricidade e materializou unha segregación encuberta de actividades prohibida polas cláusulas das concesións das centrais, o que debería supor a inmediata reversión dos dereitos de explotación.

Por este motivo o xoves 14 de outubro remitiron unha nova solicitude a Augas de Galicia para que obrigue a empresa a respectar a condición esencial de non desvinculación de actividades “como mellor garantía de mantemento dos postos de traballo e da continuidade produtiva nas fábricas, tal e como volveu resolver recentemente o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia”.

Denuncia tamén que XEAL pretende recortar os dereitos das traballadoras e traballadores, así como o do persoal pasivo (xubilados/as, viuvez e persoal de longa enfermidade), dilatando a negociación do novo convenio colectivo co obxectivo de que perda vixencia e decaia, e así aplicar o convenio sectorial de condicións inferiores. Critican que a empresa se negara a acudir á mediación solicitada polo comité nun intento de desbloquear a negociación.

Aseguran que “non se entenden a inacción da Xunta de Galiza ante unha empresa que recibe axudas públicas e que incumpre as condicións dunha concesión pública sobre a que a propia Xunta ten as competencias, pondo en risco a continuidade de máis de 250 postos de traballo”. Insisten que ante a crise industrial que atravesa Galicia "a Xunta non pode seguir sendo cómplice desta trama para que os beneficios xerados a conta de explotar os nosos recursos escapen para EEUU”.

Reclaman unha vez máis que se recoñeza a nulidade da operación por non terse requirido a autorización administrativa previa correspondente, tal e como si se requiriu no ano 1992 para a adquisición da entón Carburos Metálicos.

Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

A continuación

    Último boletín

    Emisoras

    Elige una emisora

    Cadena SER

    Compartir

    Tu contenido empezará después de la publicidad

    Cadena SER

    ¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?