Sociedad
Nigrán

Nigrán pon en marcha unha novidosa app para facilitar o aparcamento ás persoas con discapacidade

O goberno local investíu 9.500 euros para instalar 30 sensores sobre a superficie da praza nos cascos urbanos de Panxón, Nigrán e A Ramallosa

Novo sistema en Nigrán / Concello de Nigrán

Vigo

O Concello de Nigrán dá un paso máis no seu proxecto 'Un Nigrán para todos' de eliminación de barreiras físicas e cognitivas estreando en Galicia nos vindeiros días Parking Gapp, unha novidosa aplicación móbil gratuíta que facilitará o emprego das prazas de aparcamento ás persoas con discapacidade. Desenvolvida pola empresa galega Imagina Ingenio S.L, con longa traxectoria en solucións IOT, só funciona en Beasain (País Vasco) e permite que o usuario coñeza en tempo real a dispoñibilidade ou non das praza para discapacitados ao tempo que facilita información do uso ao Concello para optimizar a súa distribución e número. Así, o goberno local investíu 9.500 € para instalar 30 sensores sobre a superficie da praza nos cascos urbanos de Panxón, Nigrán e A Ramallosa co fin de monitorizalas (detecta se está ocupada ou non). A colocación está prácticamente rematada e nos vindeiros días estará operativa xa a App. As persoas interesadas tan só terán que descargar esta aplicación gratuíta e o Concello anunciará a maneira de proceder (en canto estea operativa se instalará catelería anunciandoa e as persoas con tarxeta de discapacitado recibirán unha carta na súa casa explicando o seu uso) .

"O que buscamos é facilitar o seu uso ás persoas con problemas de mobilidade e, ao mesmo tempo, facer unha distribución acorde á verdadeira demanda de uso. Así, as modificaremos e aumentaremos en función da tasa de ocupación real. Paralelamente, permite reducir os tempos de desprazamento e contribúe con elo a reducir emisións contaminantes", explica o alcalde, Juan González. "Este é un paso máis no noso proxecto 'Un Nigrán para todos' que nos sitúa á vangarda de España nas políticas públicas de accesibilidade universal, polo que estamos moi orgullosos de continuar a ser un referente neste sentido", resume.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00