Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast
Política
Baiona

Sés porá a nota musical na programación da Concellería de Igualade "Novembro Lila"

Está deseñado para dar visibilidade á violencia machista

Imagen de archivo de Ses en los estudios de Radio Vigo / Cadena Ser

Imagen de archivo de Ses en los estudios de Radio Vigo

Vigo

O concerto da cantautora galega Sés porá a nota musical da programación “Novembro Lila” deseñada pola Concellería de Igualdade e o Centro de Información á Muller.

O auditorio municipal V Centenario de Baiona acollerá o próximo 6 de novembro ás 19:30 horas o concerto de Sés. A artista galega presentará durante o evento o seu novo traballo discográfico Liberar as arterias. O seu sétimo traballo discográfico repleto de cancións de propia autoría.

O evento forma parte dunha ampla programación de actividades deseñadas pola Concellaría de Igualdade do Concello de Baiona, o “Novembro Lila”, un programa deseñado para dar visibilidade á violencia machista coincidindo con motivo do 25 N, día internacional contra a violencia de xénero. Trátase dunha programación que abarcará todo o mes de novembro e contará cunha importante presenza feminina, cuxas pezas e traballos contan historias vividas e sentidas por mulleres. A programación completa presentarase no Salón de Plenos do Concello de Baiona, o vindeiro venres, 29 de outubro ás 12:00h, onde se desvelarán outras novidosas actividades que se idearon para a edición 2021 do “Novembro Lila”.

Esta programación vai un paso máis aló da estética dunha pancarta que berra “Non á violencia”, quérese entrar na cabeza do público para facelo reflexionar sobre a problemática da violencia machista e a desigualdade entre homes e mulleres, adaptándose ás diferentes idades do público xa que haberá actividades variadas para toda a cidadanía.

O concerto é gratuíto e é necesaria a retirada da entrada previa para poder garantir o cumprimento dos aforamentos.

Desde a concellería informarase que a partir do 30 de outubro poderanse reservar as localidades para o evento a través do calendario da páxina web municipal do Concello de Baiona: www.baiona.gal/calendario

A apertura de portas para acceder á zona de concertos será unha hora antes, ás 18.30 h., e a concellaría advirte que será necesario acudir con, polo menos, 15 minutos de antelación. Na entrada do auditorio será necesario ensinar o código QR que se xenera ao inscribirse.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir