Política
O Porriño

O mércores 3 comezan as obras de humanización da rúa Manuel Rodríguez

O financiamento é con cargo a unha subvención do Plan Concellos 2021 da Deputación Provincial

Plano de la actuación / Concello de O Porriño

Vigo

A Concellería de Infraestruturas que dirixe Pedro Pereira informa que as obras de humanización da rúa Manuel Rodríguez van comezar o vindeiro mércores 3 de novembro. A data foi elixida para evitar a coincidencia co mercado ambulante que para as vindeiras semanas será trasladado namentres duren as obras.

Pereira Fernández xa informou á AAVV de San Benito e San Sebastián do inicio das obras que teñen un prazo de execución de 4 meses. O mércores, o persoal da empresa adxudicataria, “Construcións Castro Figueiro” comezará co replanteo e inicio de traballos.

Este proxecto licitouse coa concorrencia de media ducia de empresas que presentaron plicas. O orzamento de saída foi de 391.322,95 € amais do IVE do 21% correspondente. O financiamento é con cargo a unha subvención do Plan Concellos 2021 da Deputación Provincial.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00