Política
Mos

Concello, Xunta e empresa buscan conxuntamente vías de traslado do aserradeiro de Puxeiros a outro lugar

O cambio de ubicación desta actividade permitirá continuar a humanización no tramo final da Avenida de Puxeiros e que a zona creza en vivendas

Reunión celebrada no Concello / Concello de Mos

Vigo

Este xoves celebrouse no Concello de Mos unha reunión entre os xefes territoriais de Medio Rural e Medio Ambiente da Xunta de Galicia, Antonio Crespo e José Manuel González, respectivamente, os propietarios do aserradeiro do Alto de Puxeiros, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto, o edil de Urbanismo, José Areal; e tres técnicos deste útimo departamento municipal (enxeñeira, arquitecto e xurídico).

A xuntanza realizouse en aras de colaboar coa empresa na súa busca de nova ubicación para trasladar o aserradeiro, o que lle permitiría tamén ao Concello continuar a humanización de Puxeiros no tramo final da Avenida que queda por humanizar, e que a zona creza en vivendas; pois a previsión é de que no lugar no que agora se atopa o aserradeiro se constrúa vivenda en altura, así como unha gran praza e parque públicos.

Deste xeito quíxose trasladar aos diferentes organismos da administración autonómica competente, e coordinar con eles, as vías para este traslado e as opcións de solo ás que poderían trasladar o aserradeiro.

Da reunión celebrada hoxe extraeuse a conclusión de que a empresa podería ubicarse en solo rústico, polo que xa se está a tramitar á solicitide á Xunta para que se autorice o traslado de solo urbano non consolidado (onde agora de atopa) a solo rústico.

A vontade de colaboración e consenso entre todas as partes: empresa, Concello e Xunta é total e traballarase conxuntamente para axudar aos propietarios do aserradeiro no traslado da súa actividade a outro lugar, pero sempre dentro do termo municipal de Mos.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00