Lunes, 06 de Diciembre de 2021

Otras localidades

A comunicación, protagonista en Expourense

O vindeiro venres 12 celébrase o 9º Foro da Comunicación de Galicia

Presentación do 9º Foro da Comunicación de Galicia

Presentación do 9º Foro da Comunicación de Galicia / Radio Ourense Cadena SER

Volve o Foro da Comunicación de Galicia. Desta volta, en formato híbrido, o que permitirá que o 12 de novembro conferencias e mesas de comunicación poderán seguirse en persoa ou vía internet. Ao formato habitual súmase, segundo Rogelio Martínez, director xerente de Expourense.

Unha novena edición na que o marketing e a comunicación volve pasar a un primeiro plano. Xosé Luis Reza, presidente do clúster de comunicación de Galicia, repasaba o programa do que será o Foro de Comunicación que terá lugar o venres. Entre os profesionais que interveñen, figuran nomes como os de Artur Galocha, deseñador en El País, ou Natalia Diez, coordinadora de Maldita Migración.

O foro pechará co multipremiado director creativo Oriol Villar, quen está detrás das creatividades das grandes marcas do país. Ademais do clúster de comunicación, participa na organización do evento, a Deputación de Ourense e o Inorde. A directora xerente do organismo, Emma González resaltaba a importancia do evento para a provincia.  Pola súa banda, o delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alén, salientaba a importancia do xornalismo na actualidade.

A comunicación seguirá presente en Ourense tras a celebración deste Foro da Comunicación de Galicia, pois é o evento que precederá á Moibile Week Ourense.

Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

A continuación

    Último boletín

    Emisoras

    Elige una emisora

    Cadena SER

    Compartir

    Tu contenido empezará después de la publicidad

    Cadena SER

    ¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?