Mazaricos convoca á veciñanza para informarlle sobre os perigos do parque eólico da Picota
Un proxecto que contaría cunha decena de xeradores e que afectaría a máis dun milleiro de fincas, comprometendo gravemente a actividade agrogandeira, o principal motor económico do municipio. De feito, os servizos técnicos municipais indican que o 80% da superficie afectada ten un alto valor agrogandeiro. E non só iso, xa que tamén afectaría no eido turístico, pois habería muíños colocados no mesmo paso do Camiño Xacobeo.
Por todo iso, o concello organiza este mércores 10, ás 12, na casa da cultura da Picota, esa xuntanza informativa na que escoitará as alegacións da veciñanza e amosará o seu compromiso de colaboración e de apoio xurídico.
O mesmo alcalde, Juan Blanco, atendía hoxe á chamada do H14 Nordés e calificaba ao proxecto de "aberración" e "sinsentido", considerando que non está o suficientemente planeado.