Miércoles, 01 de Diciembre de 2021

Otras localidades

Diputación Provincial Pontevedra

María Ángeles Durán: "O maior éxito da humanidade nos últimos anos é chegar a ser unha sociedade de vellos"

A catedrática de Socioloxía e profesora do CSIC instou aos gobernantes locais da provincia dende a Facultade Ágora a "crear cidades que coidan porque supón calidade de vida"

Rafa Estévez en un momento de la charla

Rafa Estévez en un momento de la charla / Deputación Pontevedra

A catedrática de Socioloxía e profesora do CSIC, María Ángeles Durán, asegurou hoxe na Facultade Ágora da Deputación de Pontevedra que “o maior éxito da humanidade nos últimos anos é chegar a ser unha sociedade de vellos”. Na súa loa á a lonxevidade instou a deseñar as cidades para as persoas máis vulnerables, xa que “crear cidades que coidan supón calidade de vida”.

Ante os máis de 200 representantes políticos e técnicos dos concellos da provincia pediu que as persoas con responsabilidades e poder de decisión deben pensar na parte da poboación que ten maiores dificultades para facerse escoitar: as persoas que precisan o coidado. “Se imos converternos nun país vello -gracias a Deus, porque iso significa que non morremos... -preparémonos e gocemos deste cambio demográfico que é o maior éxito que ten conseguido a humanidade nos últimos anos: chegar a ser sociedades de vellos”, asegurou.

As e os gobernantes, dixo, non deben pensar unicamente na rendibilidade das mercancías porque ao seu xuízo a calidade de vida precisa un soporte económico e financeiro “pero é moito máis que todo iso: unha cidade que coida gaña calidade de vida inmediatamente. Unha cidade que non ofrece coidados, xa pode ter a renda ‘per cápita’ ou as innovacións tecnolóxicas que queira, que nunca será unha boa cidade para vivila”, sentenzou.

Durán, que nos vindeiros días cumprirá 79 anos, falou dende a súa experiencia persoal e explicou que participa nunha iniciativa de ‘cohousing’ pensando no seu futuro. Subliñou que a partir dunha certa idade as persoas maiores “quedámonos soas” e é preciso buscar formas de vivir que permitan ter compañía e estar en sociedade sen seren excluíntes. “Hai que integrar esas residencias, esas iniciativas para que estean en zonas peonís, accesibles”, insistiu, criticando as grandes urbanizacións de luxo que se constrúen nos extrarradios e que de cara a futuro serán “reservorios de soidade”.

Durán foi grandemente aplaudida polas súas palabras e quixo engadir que as persoas gobernantes que sigan as súas indicacións de ter en conta ás persoas maiores teñen en España 9,5 millóns de votos.

Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

A continuación

    Último boletín

    Emisoras

    Elige una emisora

    Cadena SER

    Compartir

    Tu contenido empezará después de la publicidad

    Cadena SER

    ¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?