Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Novas incorporacións á axenda musical do Mar de Vigo

La M.O.D.A, Sharon Corr ou do grupo Miss Caffeina

LA M.O.D.A. / Auditorio Mar de Vigo

LA M.O.D.A.

Vigo

A reactivación da cultura déixase notar con forza na cidade de Vigo. Cada vez son máis os espectáculos que se incorporan á programación do Auditorio Mar de Vigo, que vén de sumarse este pasado luns aos establecementos adscritos ao Bono Cultura promovido pola Xunta de Galicia. A través deste bono, o público poderá obter descontos de ata un 50%, e na primeira tarde activado xa se formaron colas de ata unha hora para adquirir esas entradas con desconto.

Ademais da ampla programación xa coñecida, con case 40 espectáculos ata o mes de xaneiro, o Auditorio Mar de Vigo segue sumando artistas de referencia. Neste caso trátase da banda La M.O.D.A, da xira internacional da artista escocesa Sharon Corr ou do grupo Miss Caffeina.

A finais de xaneiro, o día 21, La M.O.D.A presentarán en Vigo un disco inspirado no repertorio popular da súa terra, ‘Nuevo Cancionero Burgalés’. Unha idea que xorde tras descubrir dous libros do século pasado, escritos por Federico Olmeda e Antonio José, que recompilan cantigas populares de Burgos. Un proxecto feito co corazón e a emoción de ser conscientes de crear novas cancións a partir de letras en directo, que se foron transmitindo de xeración en xeración e que supuxeron algo para moita xente.

Días despois, o 29 de xaneiro, Sharon Corr, a artista, compositora e violinista de The Corrs, actuará no Mar de Vigo, nun concerto que forma parte da súa próxima xira polo noso país para presentar o seu novo álbum, "The Fool & The Scorpion", unha obra cohesionada, unha viaxe que se centra no desexo de seguir adiante, de ter fe e crer nun mesmo e no seu propósito. Este concerto está enmarcado dentro do programa oficial do Xacobeo 21-22.

‘El año del Tigre’ é o nome do próximo traballo de Miss Caffeina que verá a luz o próximo mes de febreiro e co que a banda se lanza á estrada, nunha xira sen precedentes, para mostrarlle ao mundo as garras presentando en directo as cancións deste novo álbum. Unha das citas máis esperadas da xira levará a Miss Caffeina a actuar no Mar de Vigo o 2 de abril.

Un novo espectáculo no que os seus camaleónicos recursos adáptanse á iconografía asiática para presentar un disco que aúna a procura permanente de novos rexistros con esas composicións, tan características do grupo, que conectan de forma especial cos seus fans.

Estas novas confirmacións veñen ampliar a espectacular oferta de concertos, sumándose ás actuacións xa coñecidas de Los Zigarros (4 de decembro), Love of Lesbian (11 de decembro), Dulce Pontes (18 de decembro), Mikel Erentxun (22 de xaneiro), Nacho Vegas (12 de febreiro) e The Eels (12 de abril).

As entradas para todos estes eventos están á venda en Teuticket.com. Para activar o desconto do Bono Cultura debe facerse presencialmente na taquilla do Auditorio Mar de Vigo, aberta de luns a venres de 18.00 a 22.00 horas.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir