Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast
Ocio
Vigo

O Auditorio Mar de Vigo súmase ao Black Friday

Durante unha semana, estarán dispoñibles máis de 6.000 entradas para case 40 espectáculos diferentes con descontos excepcionais de ata un 40%

Auditorio / Mar de Vigo

Auditorio

Vigo

O Auditorio Mar de Vigo realizará deste este sábado 20 de novembro a maior campaña de desconto no prezo das entradas nos seus case once anos de historia. Durante unha semana, máis de 6.000 entradas para case 40 espectáculos diferentes, terán descontos excepcionais de ata un 40%. Este desconto será válido para todos os espectáculos, incluso os xa programados no 2022, habendo un cupo máximo de 150 entradas disponibles con desconto en cada un dos espectáculos.

Coincidindo co acendido das luces de Nadal en Vigo, e co valor simbólico e social deste momento, o Auditorio Mar de Vigo anticipa deste xeito os días do Black Friday, que se celebra este ano o venres 26 de novembro. Estes descontos, que van dun máximo dun 40% a un mínimo dun 20%, estarán disponibles durante só unha semana.

Comezarán este sábado 20, coincidindo co horario do acendido, ás 20.00 horas, e prolongaranse ata o sábado 27 de novembro ás 23.59 horas, e ademais serán totalmente compatibles co uso do Bono Cultura, ao que tamén está adscrito o Mar de Vigo.

En total, o público poderá gozar de descontos en case 40 espectáculos diversos entre os que haberá concertos, ópera, ballet, espectáculos de maxia, música clásica, grandes formacións corais e unha ampla programación para nenas, nenos e familias.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir