Viernes, 21 de Enero de 2022

Otras localidades

HOY POR HOY DESDE CÁDIZ HOY POR HOY DESDE CÁDIZ Especial 'Hoy por Hoy' con Àngels Barceló desde Cádiz
Vigo

Tensión ao inicio da folga en Vitrasa

Os incidentes producíronse a primeira hora da mañá nas instalacións da concesionaria do servizo de transporte urbano

Altercados con la policía este viernes

Altercados con la policía este viernes / CIG

As primeiras horas da folga convocada en Vitrasa para reclamar melloras laborais e rematar coa falta de descanso e co exceso de xornada deixaron momentos de tensión polos intentos, según a CIG, de boicot da empresa, que non lle permitiu ao comité de folga identificar os autobuses en servizos mínimos. Como consecuencia da actuación policial varios traballadores tiveron que ser atendidos en urxencias por lesións de distinta consideración.

Os incidentes, según o comunicado da CIG, producíronse a primeira hora da mañá nas instalacións da concesionaria do servizo de transporte urbano do Concello de Vigo na estrada de Camposancos, cando o comité de folga procedía a identificar cun documento selado os vehículos que se atopan en servizos mínimos para garantir que ningún traballador puidese colocar pola súa conta o rótulo electrónico de servizos mínimos e deste xeito non secundar a folga de xeito camuflado.

O presidente do comité de empresa, Imanol Arnoso, explica que este foi o xeito de proceder até o de agora en cada un dos paros convocados na empresa, pero nesta ocasión a dirección negouse, “nun claro intento de impedir o dereito de folga”. Malia todo, o seguimento do paro está a ser practicamente total na quenda de mañá, que deu comezo ás 5:00 horas, xa que unicamente catro condutores/as que non estaban en servizos mínimos -fixados no 60%- foron a traballar.

“O único que pretendíamos era controlar que se cumpran os servizos mínimos e evitar que calquera poida poñer o rótulo electrónico para pasar por servizos mínimos o que é esquirolaxe”, sinala Arnoso.

Pero a empresa, según a CIG, negouse a chamou a policía para que desaloxase os traballadores que impedían a saída dos vehículos. Como consecuencia dos forcexos, varios membros do comité de folga tiveron que ser atendidos/as en urxencias por escordaduras, golpes e contusións.

Posteriormente a policía identificou tamén a varios integrantes do comité que intentaban impedir a saída dun autobús co que a empresa pretendía substituír outro que supostamente sufrira unha avaría na rúa.

“Dixémoslle que para sacalo tiña que chegar primeiro o outro, pero negáronse”, critica. A folga de 24 horas continuará mañá sábado e terá continuidade todos os venres e sábados até o 13 de decembro, cando pasará a ser de luns a venres de xeito indefinido, a excepción dos festivos.

Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

A continuación

    Último boletín

    Emisoras

    Elige una emisora

    Cadena SER

    Compartir

    Tu contenido empezará después de la publicidad

    Cadena SER

    ¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?