Viernes, 21 de Enero de 2022

Otras localidades

Mos

Mos presenta a súa campaña e programación con motivo do 25N baixo o lema 'Hai amores que atrapan'

Fíxoo esta mañá ante o alumnado do IES cunha charla a cargo da mosense banda musical feminina, Girl's Gang

Nidia Arévalo en la presentación de la campaña

Nidia Arévalo en la presentación de la campaña / Concello de Mos

Hoxe venres 19 de novembro, coincidindo co Día Internacional da Muller Emprendedora, o Concello de Mos presentou no Multiusos das Pozas o programa de a actos conmemorativos do Día Internacional contra a Violencia de Xénero que se conmemora o vindeiro 25N da campaña municipal de concienciación contra a violencia machista titulada ‘Hai amores que atrapan’ simbolizada coa imaxe dunha tea de araña cun corazón valeiro no medio.

A presentación realizouse no auditorio do Multiusos ante o o alumnado do grupo de Igualdade do IES de Mos integrado por 120 alumnos/as e 6 profesores/as. O acto tivo como eixo central a charla impartida pola mosense banda de música feminina, Girl´s Gang.

As Girl´s Gang son un grupo feminino e feminista que se fan oír con forza da mellor forma que saben, cantando. Estas mozas, que se moven no mundo da música e das influencers, contaron ao alumnado a súa experiencia neste mundo, no que os estereotipos de xénero ocultan un machismo que supón un grave problema entre as novas xeracións; derivando en ocasións nunha mensaxe que incita a comportamentos violentos e de cousificación da muller.

Acompañando ás Girl’s Gang estiveron a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Política Social e Igualdade mosense, Sara Cebreiro, e traballadoras do departamento de Benestar Social e o Centro de Información á Muller, CIM, de Mos.

Máis actividades da programación

Ademais da presentación realizada esta mañá no Multiusos o día 23 de novembro ás 18:00h no Pazo de Mos presentarase o resultado da avaliación do III Plan de Igualdade municipal, no que participaron o persoal técnico dos diferentes departamentos municipais e representantes de asociacións/centros e outras entidades; e recopilación de información para completar a elaboración do IV Plan de Igualdade municipal.

Dos días 23 ao 30 de novembro farase a presentación e entrega do libro “Galegas na ciencia” de Isabel Blanco para o alumnado de 6º de primaria en dous CEIPs de Mos.

O 26 de novembro impartiranse charlas sobre violencia de xénero a cargo das profesionais do CIM, para o alumnado de 5º e 6º de dous CEIPs públicos de Mos.

25N

O propio día 25 de novembro celebrarase o acto institucional ás 12:00h na Praza do Concello con lectura de manifesto e un minuto de silencio. Participarán representantes do movemento asociativo cultural e social de Mos.

Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

A continuación

    Último boletín

    Emisoras

    Elige una emisora

    Cadena SER

    Compartir

    Tu contenido empezará después de la publicidad

    Cadena SER

    ¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?