Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast
Ocio
Vigo

Zahera, Manquiña e Víctor Fábregas celebrarán xuntos en Vigo os doce anos de Noites de retranca

O Mar de Vigo ten actividada unha campaña de descontos do Black Friday de máis de 6.000 entradas para case 40 espectáculos

Noites de Retranca / Auditorio Mar de Vigo

Noites de Retranca

Vigo

O Auditorio Mar de Vigo engrosa a súa programación co regreso das Noites de Retranca a Vigo o 15 de xaneiro, e a visita de Carlos Latre os vindeiros 18 e 19 de marzo. Primeiramente, o espectáculo de comedia por excelencia cumpre doce anos repartindo humor, o noso humor, polos principais teatros e auditorios, e nesta ocasión, reunirá, por primeira vez, a tres mestres do humor Luis Zahera, Manuel Manquiña e Víctor Fábregas. E segundo, Carlos Latre, regresa, e ao grande, cun espectáculo único, repasando de maneira cómica, toda a actualidad do país: a política, sociedade, cultura, deporte, televisión, modas, tendencias, Internet, a pandemia e a Covid.

Desde o pasado sábado, coincidindo co acendido das luces de Nadal en Vigo, o Auditorio Mar de Vigo anticipou os días do Black Friday, e ata o día 27 de novembro ás 23.59 horas, o público poderá atoparse descontos, que van dun máximo dun 40% a un mínimo dun 20% na gran maioría dos espectáculos programados.

O Mar de Vigo enriquece á escena viguesa achegando propostas actuais e moi diferentes como ‘Estirando el chicle’, un show derivado de comedia escrito e presentado por Carolina Iglesias e Vitoria Martín, recentemente premiado cun Premio Ondas ao Mellor podcast.

Semana a semana mal falan dun tema concreto (moda, amor, beleza...), comparten experiencias e anécdotas, fan crítica social, fáltanse ao respecto e cantan.

Desde a súa estrea o pasado mes de febreiro, ‘Estirando el chicle LIVE’ foi esgotando entradas polas cidades polas que pasaron, e en Vigo, para a súa actuación o 3 de decembro, colgaron o cartel de “Non quedan butacas libres” en menos de 24 horas.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir