Domingo, 05 de Diciembre de 2021

Otras localidades

Vigo

A A.V. de Teis reclama unha oficina de información sobre o PXOM en Teis

A decisión tomouse logo da asemblea veciñal celebrada o pasado xoves no auditorio de Teis

Asamblea Teis

Asamblea Teis / A.V. Teis

A Asociación Veciñal de Teis dirixiuse por escrito a María José Caride, Concelleira de Urbanismo, solicitando a posta en funcionamento dunha oficina de información sobre o PXOM en Teis, durante o período de exposición pública até o 18 de xaneiro de 2022.

A decisión de solicitar está oficina tomouse logo da asemblea veciñal celebrada o pasado xoves no auditorio de Teis, para analizar o impacto do PXOM en Teis, onde chegouse a conclusión de considerar insuficiente, unha única oficina municipal existente no auditorio “ Mar de Vigo “, para atender a elevada demanda de consultas que ten veciñanza de Teis sobre o documento do PXOM.

Desde a Asociación, aseguran que están facendo un esforzo por informar a veciñanza cos medios limitados cos que conta Asociación, que non dispón de ningún técnico contratado. "A única documentación facilitada polo Concello a esta Asociación, foi un xogo de planos ou acceder ao documento que está na páxina web do Concello".

O goberno municipal, tendo en conta a importancia do documento do PXOM, "debe por máis medios de xeito inmediato para clarificar dubidas, que se coñeza pola veciñanza o PXOM e que a veciñanza afectada poda presentar alegacións ao mesmo".

Desde a Asociación, poñemos a disposición da Concellaría de Urbanismo, o noso local social, para que sexa o punto de información para veciñanza de Teis.

Por último, sinalar que nesta asemblea veciñal, había moito malestar como está a desenvolverse o período de exposición pública e polo deseño do PXOM en Teis (Peris, plans especiais de protección, ampliación de viais,...)

Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

A continuación

    Último boletín

    Emisoras

    Elige una emisora

    Cadena SER

    Compartir

    Tu contenido empezará después de la publicidad

    Cadena SER

    ¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?