Carballo terá un novo edificio para o seu centro de saúde
Entrevista a Evencio Ferrero tras a reunión con sanidade (25/11/2021)
07:41
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1637856980_731633/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>
A ampliación do centro de saúde queda desbotada. Así o acordaron o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, co conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e outros cargos do seu departamento. Ás dúas partes coincidiron en que o actual edificio está “esgotado” e non ofrece posibilidades de ampliación. Por iso, dende a Xunta de Galicia óptase, como se viña reclamando dende o goberno municipal, pola construción dun novo edificio.
Nese sentido, o alcalde, que estivo acompañado polo arquitecto municipal, Alfredo Garrote, entregou á Consellería de Sanidade un informe no que se avalían, dende o punto de vista técnico, outras dúas alternativas:
A primeira e que máis lle gusta ó ente autonómico é a construción dun novo edificio nunha parcela anexa ao actual centro de saúde.Esta alternativa ten o problema de que é un sector de solo urbanizable pendente de desenvolvemento, e que ademais figura no PXOM como de iniciativa privada, polo que o cambio normativo preciso levaría, no mellor dos escenarios posibles, non menos de dous anos. Aínda así, dende a Consellería de Sanidade argumentouse que, dado o carácter supramunicipal do proxecto, cabería a posibilidade legal de acurtar eses prazos.
A outra alternativa, que defende o concello pola necesidade que hai o antes posible dese espazo, é a construción dun novo edificio nunha parcela municipal. Unha parcela situada na rúa María Barbeito, cunha superficie de 5.333 metros cadrados e que conta coa cualificación urbanística e os servizos precisos para acometer esta nova infraestrutura, polo que a construción podería ser inmediata. “No caso de optar por esta alternativa poderíamos adoptar o acordo de cesión xa este mesmo luns”, indicou o alcalde hoxe no Vivindo a Costa da Morte, de Radio Nordés.
Non obstante, polo momento non se tomou máis decisión que a de construir un novo edificio en lugar de ampliar o actual centro de saúde. Xunta e Concello acordaron estar en contacto directo e continuo durante estas semanas para decidir a ubicación final.