Domingo, 28 de Noviembre de 2021

Otras localidades

Día contra violencia género

Xornalistas Galegas remite aos medios unha guía para comunicar correctamente sobre violencia de xénero

O colectivo lanza unha campaña nas redes sociais con boas e malas prácticas xornalísticas arredor da violencia machista publicadas ao longo de 2021

25N

25N / Xornalistas Galegas

Co gallo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contras as Mulleres, a asociación Xornalistas Galegas vén de remitir aos principais medios de comunicación de Galicia unha guía con consellos, boas e malas prácticas para contribuír a que as e os profesionais do xornalismo galego poidan comunicar correctamente sobre violencia de xénero. O colectivo incide na necesidade de incorporar a perspectiva de xénero en todos os medios, tanto en prensa escrita como en radio e televisión, e tanto nos contidos informativos como de entretemento.

A guía recolle propostas de mellora, como desterrar a descrición da violencia de xénero como un “suceso” ou “crime paixonal”, omitir datos innecesarios, persoais, sensacionalistas ou morbosos que non aportan informativamente, fuxir da banalización da prostitución, buscar sempre voces expertas ou evitar a utilización da veciñanza como fonte informativa. O documento anima tamén ás persoas profesionais dos medios de comunicación a formarse en perspectiva de xénero, apostar pola linguaxe inclusiva ou promover unha comunicación máis responsable coa violencia machista no seu posto de traballo.

Xornalistas Galegas tamén está a desenvolver nas súas redes sociais –Twitter e Facebook– unha campaña con exemplos de boas e malas prácticas difundidas nos medios galegos e estatais ao longo de 2021, baixo o cancelo #25NtodosOsDías, sobre casos mediáticos de acoso, violación, maltrato, asasinato, tanto na prensa xeneralista como deportiva. A iniciativa busca concienciar a profesionais da comunicación, mais tamén ás persoas responsables dos medios públicos e privados para que, por un lado, non se repitan prácticas moi graves cometidas este ano e, por outro, se fomenten e reproduzan outras exemplares.

A asociación insiste, unha vez máis, na urxencia de incorporar aos medios galegos unha figura ou departamento transversal que vele pola perspectiva de xénero nas informacións e contidos dos medios, antes, durante e despois da súa publicación, e reitera a súa preocupación pola propagación demasiado frecuente de contidos e informacións totalmente exentos de perspectiva de xénero.

Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

A continuación

    Último boletín

    Emisoras

    Elige una emisora

    Cadena SER

    Compartir

    Tu contenido empezará después de la publicidad

    Cadena SER

    ¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?