Domingo, 28 de Noviembre de 2021

Otras localidades

Mos

Mos desprega o seu "Tendal dos soños rotos" para visibilizar a violencia sufrida polas mulleres vítimas

Representantes dos colectivos sociais, deportivos e culturais mosenses presentes no acto deste mediodía na Praza do Concello, foron colgando prendas de roupa morada, unha por cada unha das asasinadas

Nidia Arévalo colgado ropa morada en este 25N

Nidia Arévalo colgado ropa morada en este 25N / Concello de Mos

 

Hoxe 25 de novembro celebrouse o acto institucional municipal ás 12:00h na Praza do Concello conmemorativo do Día Internacional pola Eliminación da Violencia contra a Muller con lectura de manifesto a cargo da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e un minuto de silencio. Participaron representantes do movemento asociativo cultural e social de Mos, membros da Corporación Municipal mosense, alumnado do IES de Mos e o grupo musical Girl’s Gang, nesta iniciativa promovida desde a concellería de Política Social e Igualdade do Concello de Mos que dirixe a edil Sara Cebreiro, e o Centro de Información á Muller, CIM, de Mos.

Ademais realizouse a actividade “O tendal dos soños rotos”, consistente na creación dun tendal con diferentes prendas de roupa que representan cada unha das mulleres asasinadas neste ano.

Con lectura a cargo de Lucía, Alba e Uxía, alumnas do instututo mosense, que estiveron acompañadas pola súa profesora, Maite, no “Tendal dos soños rotos” distintas persoas, homes e mulleres pertencentes aos colectivos sociais, deportivos e culturais presentes, foron colgando prendas de roupa morada, por cada unha das mulleres asasinadas en España en 2021.

 

O motivo de escoller o tendal de roupa é polo seu simbolismo. As cordas e as pinzas simbolizan a opresión, a servidume da muller ante o seu maltratador. E o acto de colgar a roupa é a metáfora que expresa que estamos sacando á luz os traumas escondidos, a violencia agochada no interior dos fogares. O tendal como arma de denuncia das inxustizas, desoutra violencia oculta.

 

No tendal ao aire normalmente móstrase a roupa máis íntima e máis persoal das súas donas, mulleres. Co “Tendal dos soños rotos” simbolízanse os soños daquelas mulleres que un día tenderon a súa roupa e non puideron recollela. Soños que quedaron colgados, aireando ao vento, soñando coa liberdade, lonxe dun maltratador que non a deixa desenvolverse como persoa, como Muller, que a oprime e que a anula.

 

Por un lado o tendal de roupa ao sol simboliza a liberdade, os soños, as ganas de vivir, de seguir coa súa vida …. E por outro lado, eses soños que quedaron colgados, que xa non se van a poder levar a cabo, tanto das vítimas como das súas familias que a pesar de todo teñen que seguir coas rutinas da vida.

E para pechar esta xornada do 25N en Mos, xa pola tarde, ofrecerase “SOA” mónologo a cargo de Rogelia dos Outerios ás 19:00h no Auditorio do Centro Dotacional en Torroso. Entrada libre ata completar aforo. Neste espectáculo atopámonos cunha muller que, pechada na casa polo seu marido, atopa na súa nova veciña unha confidente a quen contarlle a súa historia, unha válvula de escape para liberarse da pesada carga que sempre lle acompaña. Así, descubrimos unha cruel realidade que leva agochada xa demasiado tempo, nun contexto que mestura medo, desesperación, tristura e claustrofobia. Porén, e a pesar das circunstancias, o humor está sempre presente e as situacións cómicas serven de catalizador para esta muller que, pouco a pouco, vai conquistando á audiencia. Un marido tolo, un cuñado enfermo, os fillos ausentes, a soidade, o machismo, pero tamén a complicidade, a liberación sexual, a autoestima, o cine, a música e, sobre todo, a esperanza son as pezas que emprega Rogelia dos Outeiros para construír un espectáculo que conduce ao público entre o drama e a comedia.

Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

A continuación

    Último boletín

    Emisoras

    Elige una emisora

    Cadena SER

    Compartir

    Tu contenido empezará después de la publicidad

    Cadena SER

    ¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?