Martes, 18 de Enero de 2022

Otras localidades

Deportes

Ézaro volverá a gozar en febreiro dos mellores ciclistas do planeta

Segue a crecer a nosa bisbarra en canto a presencia nas probas deportivas de máis alto nivel. E bo exemplo temos no ciclismo, deporte no que a Costa da Morte leva anos sendo referencia nacional grazas a ese 'Muro' do Ézaro, que terá en febreiro de 2022 unha nova cita co ciclismo de máis alto nivel.

Así se confirmou hoxe na presentación da etapa da provincia da Coruña da volta ciclista “O Gran Camiño”, que percorrerá Galicia. Unha presentación na que estivero presentes: o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso; os alcaldes de Ames, Blas García, e Dumbría, José Manuel Pequeño, o responsable de Emesports, Ezequiel Mosquera, e recoñecidos ciclistas da provincia.

Con moito aínda por desvelar, coñécese xa que a etapa comezará en Bertamiráns e finalizará no Ézaro, pero están aínda deseñando un trazado que, de seguro, vai tocar moita Costa da Morte. Porque así o recoñecía hoxe, en Nordés Deportivos, Ezequiel Mosquera, un dos promotores: "A proba vai ter unha realización semellante á Volta a España e quíxose centrar a promoción nas zonas de Compostela e a Costa da Morte, así que por aí discurrirá o traxecto".

Unha proba de primeiro nivel, reservada no calendario UCI e que contará con destacados equipos e ciclistas profesionais (por agora xa teñen confirmado ao Education First, con Magnus Cort Nielsen e Rigoberto Urán á cabeza). Búscase recuperar así o espírito da antiga Volta a Galicia que no seu día tivo vencedores tan ilustres coma Miguel Indurain, Abraham Olano ou Marino Lejarreta.

Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

A continuación

    Último boletín

    Emisoras

    Elige una emisora

    Cadena SER

    Compartir

    Tu contenido empezará después de la publicidad

    Cadena SER

    ¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?