Política
Carmela Silva Rego

Font cualifica de "impúdica, infame e noxenta" a campaña do PP contra Carmela Silva

O deputado lamentou "ataques furibundos que non se poden consentir contra unha persoa absolutamente honesta como é a presidenta da Deputación

Carlos López Font / Televigo

Vigo

“O Partido Popular, como ven sendo habitual, quere converter a política nun depósito de lixo porque só dun partido que adoita moverse nos verquidos pódese esperar a impúdica, infame e noxenta campaña de persecución contra unha persoa absolutamente honesta como é a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva”. Así se pronunciou hoxe o deputado Carlos Font, que denunciou “ataques orquestrados, furibundos, baseados en calumnias e mentiras, que se saltan a legalidade á toreira e que só queren poñer o foco na presidenta provincial porque a temen politicamente”. “Evitamos valorar esta situación para tentar non contaminar máis a vida política pero todo ten un límite, engadiu, ata aquí chegamos e estudiaremos todas as medidas e de todo tipo a tomar para facer fronte a estas calumnias”.

Font lembrou que “hai unha sentencia clarísima, que todo o mundo coñece, que demostra que a presidenta da Deputación non ten implicación algunha no caso, que non foi investigada, nin imputada, que nin sequera foi chamada como testemuña, e que a desvincula absolutamente de calquera tipo de participación”. O deputado sinalou que, amais, “isto é unha historia que o PP volve a repetir porque xa en 2019, cando presentaron unha moción con este mesmo asunto ao pleno provincial, o propio Secretario non admitiu a súa incorporación ao debate “por exceder o ámbito de control e fiscalización propio do pleno”. “Por elo, dixo, esta nova solicitude do PP só pretende manter a súa absoluta desvergonza para danar a unha persoa que non ten nada que ver co asunto xulgado e sentenciado aínda a sabiendas de que o Secretario do Pleno a denegara”.

O voceiro do PSDG-PSOE na Deputación manifestou que “en calquera caso, sorprende que un partido condenado por corrupción con sentencias xudiciais firmes como o Partido Popular poida protagonizar un ataque tan impúdico e vergoñento que só pretende manchar a imaxe intachable da presidenta porque, digamos a verdade, politicamente non poden con ela”. “Sorprende que o fagan a nivel local, dixo Font, e a nivel provincial, pero é inaudito que tamén se unan a orquestra o PP galego e á propia Xunta”. “Galicia aínda esta esperando, sinalou o deputado, pola primeira comisión de investigación ou o primeiro pleno extraordinario na Xunta no que o Partido Popular dea explicacións da relación do seu presidente, Núñez Feijoo, cun narco”

“Que este partido, con todas as mochilas que ten ás súas costas, veña agora a tentar desacreditar a honra dunha política con maiúsculas como Carmela Silva é, simplemente, unha obscenidade”, rematou.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00