Vivindo A Costa da MorteVivindo A Costa da Morte
Economia y negocios | Actualidad
Agricultura

Cee e Fisterra quedan libres da couza guatemalteca da pataca

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres a resolución da Consellería do Medio Rural pola que prorrogan todas as medidas fitosanitarias establecidas nas zonas infestadas e nas zonas tampón e se implementan as medidas para a erradicación e control da couza guatemalteca da pataca. Dita resolución mostra un avance significativo na contención desta praga, con Fisterra e Cee saíndo xa definitivamente desa lista de zonas afectadas.

Na resolución actualízanse tamén as novas zonas tampón, que na Costa da Morte pasan a ser as parroquias de Bardullas, Buiturón, Caberta, Couceiro, Frixe, Morquintián, Nemiña, Touriñán e Vilastose, do concello de Muxía; así como unha franxa de 5 km limítrofe cos concellos infestados que afecta a parcelas dos municipios de Camariñas, Dumbría e Vimianzo e ás parroquias de Rebordaos, Vilela e Noicela, no concello de Carballo; e Cabovilaño, Lemaio e Torás, no concello da Laracha.

En todas estas zonas tampón, os agricultores deberán comunicar inmediatamente despois da sementeira, e en todo caso antes do 1 de abril, todas as parcelas cultivadas con pataca.

Zonas infestadas

Doutra banda, seguen infestadas as parroquias de Caión, no concello da Laracha; de Nosa Señora da O, Leis, Muxía, Moraime e Ozón, no concello de Muxía. Nestes lugares queda prohibido o cultivo de pataca e os operadores de pataca de semente non poderán ter existencias nin comercializar este tipo de pataca. Tamén se prohibe a saída de pataca de consumo da zona infestada excepto no caso de tránsito, onde o vehículo deberá ir totalmente pechado cunha estrutura ríxida ou cunha lona protectora que se axuste perfectamente coa caixa do camión e impida calquera contacto dos tubérculos co exterior.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00