Tanxugueiras, palabra do ano en Galicia
A segunda clasificada foi a palabra "resiliencia" e a terceira " vacinódromo", mentres que as seguiron, por esta orde, " gromo" e " coada"
Entrevista a Víctor Freixanes, presidente da RAG (27/12/2021)
12:04
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1640611528142/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>
A Coruña
A palabra do ano en Galicia é tanxugueiras. É o resultado da votación virtual pública promovida pola Real Academia Galega e a Fundación Barrié. Tanxugueiras é o nome do grupo musical que pretende levar o galego ao Festival de Eurovisión. Os seus integrantes atopárono en Riós, en Ourense.
O vocábulo é unha alteración da forma etimolóxica teixugueira, un zootopónimo común no país que sinala os sitios onde hai presenza ou abundancia de "teixugos" ou "porco teixos", como se denominan os teixugos.
O topónimo tanxugueira designa unhas terras da parroquia de Fumaces, no concello de Riós (Ourense), situadas nun alto. No territorio galego hai outros lugares co mesmo nome nos concellos de Catoira (Pontevedra), Dodro (A Coruña) e en Viana do Bolo (Ourense).
As compoñentes de Tanxugueiras son Aida Tarrío, Sabela Maneiro e Olaia Maneiro.
A segunda clasificada foi a palabra "resiliencia" e a terceira " vacinódromo", mentres que as seguiron, por esta orde, " gromo" e " coada". En edicións anteriores as gañadoras foron os vocábulos " nós" (2020), " sentidiño" (2019), " deseucaliptización" (2018), " afouteza" (2017), " irmandade" (2016), " refuxiado/a" (2015) e "corrupción"