Salud y bienestar | Ocio y cultura
Cultura

Unha morea de recomendacións literarias e un propósito das bibliotecas municipais para o 2022

A Coruña le, e a rede de biblioteca minucipais da cidade o confima

Librerías, desde a Rede de Bibliotecas Públicas con Eva (04/01/2022)

Librerías, desde a Rede de Bibliotecas Públicas con Eva (04/01/2022)

13:02

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1641285772588/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

A Coruña

Cando un ano acaba e outro empeza, os lectores, ávidos de novas aventuras, viven á caza de novos títulos, de apetencias literarias, e a maior parte dos anos renovan o seu propósito, ler máis.

Desde as bibliotecas públicas da Coruña puxéronnolo fácil, o seu propósito: fomentar a lectura en galego: "é unha das máximas para este 2022, queremos fomentar a lectura en lingua galega e imos procurar reforzala e que cada vez a xente se poida achegar máis a ela" avanza Eva Vieites, da biblioteca municipal Ágora; e para iso, fai un percorrido por obras para todas as idades e de todos os estilos:

De 9 a 14 anos

  • ·'A folla azul', Andrea Maceiras
  • 'Plan de rescate', Antía Yáñez
  •  'Papa Canibal', Manuel Antonio Fraga
  •  'Patio de luces', Erica Esmoris

Poesía

  •  'Antoloxía de poesía Galega Próxima'
         Arancha Nogueira, Eduardo Estévez, Lucía Aldao, ect.

Pequenas editoras en lingua galega

  •  Cuarto de inverno
  •  Patas de peixe
  •  Irmás Cartoné
  •  Apiario
  •  Através
  • Chan da pólvora

Títulos recoñecidos

  •  'Os seres queridos', Berta Dávila
  •  'O neno de lume', Ledicia Costas
  •  'Virtudes', Xesús Fraga

Para o recordo e sempre recuperables

  • Darío Xoán Cabana
  • 'Un señor elegante', Suso de Toro
  • 'Seique', Susana Sánchez Arín

No 2021 as bibliotecas públicas da Coruña lograron manter estables as cifras de socios, pero a maior conquista foi volver á presencialidade. "Estamos moi vivas e nesta situación difícil non deixamos de traballar" recoñece Vieites.

Para o ano próximo están previstas actividades como a realización de diferentes clubes de lectura, actividades ao redor de María Casares, e outras moitas propostas coas que fomentar as relacións entre a xente que se achegue as súas instalacións: "unha biblioteca non só é un sitio onde se pode acceder á lectura, é un lugar de encontro, e para nós é importate manter esa función de relación cos outros, polas circunsancias que estamos a vivir, e que o vínculo sexa a lectura".

Ademáis desa vontade de interactuación e asistencia, Eva lembra que durante o confinamento, e agora que hai moita xente illada, os socios das bibliotecas da Coruña teñen á súa disposición a plataforma Galicia Le, coa que poder gozar da lectura desde calquera dispositivo e de xeito gratuito.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00