Vivindo A Costa da MorteVivindo A Costa da Morte
Sociedad
A Costa da Morte

Récord de contaxios na Costa da Morte dende o inicio da pandemia

Costa da Morte

Os datos publicados polo SERGAS este martes amosan un enorme incremento no número de casos activos de coronavirus na zona. Unha subida que supera os 1000 novos contaxios deixando a cifra total preto dos 2000 casos activos.

 En termos absolutos Carballo e A Laracha son os concellos con máis casos, na capital de Bergantiños hai 491, 286 máis que o pasado martes, mentres no concello larachés soben 272 chegando a 460.

Cee sube 98 e situase nos 179 casos e Ponteceso incrementa o número en 62 quedando en 86.

Soben 40 casos Vimianzo, ata os 110, e Dumbría ata os 62. Fisterra rexistra 99 casos, o que supón unha subida de 37. Muxía chega aos 72, 32 máis ca o pasado martes. Camariñas sube 33 ata os 84 e Zas 31 ata chegar a 67.

No resto de concellos o incremento e inferior aos 30 casos. En Malpica subiron 25, ata 46 casos activos, en Corcubión suman 21 quedando en 33, Laxe rexistra 24 subindo 17  en Coristanco chega aos 60, 15 máis ca o pasado martes.

Carnota e Mazaricos, pertencentes a area sanitaria de Santiago non actualizan os datos de casos activos semanalmente, no mapa de novos contaxios en 7 días publicado na web da Xunta Carnota ten 33 e Mazaricos 35.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00