Deportes
FÚTBOL

A RFGF entrega tres toneladas e media de alimentos

A RFGF entrega as tres toneladas e media de alimentos recadadas durante as dúas xornadas do Boxing Day Solidario

A RFGF entrega as tres toneladas e media de alimentos recadadas durante as dúas xornadas do Boxing Day Solidario / RFGF

A RFGF entrega as tres toneladas e media de alimentos recadadas durante as dúas xornadas do Boxing Day Solidario

Ourense

A Real Federación Galega de Fútbol e Gadis fixeron entrega á Federación Galega de Banco de Alimentos os 3.500 quilos recadados durante as dúas xornadas do Boxing Day Solidario que tiveron lugar os días 28 e 30 de decembro a través das canles de comunicación da RFGF.

Máis de 1.500 persoas seguiron as dúas xornadas nas que participaron Jonatan Giráldez, técnico galego do FC Barcelona Femenino; Vicente Moreno, adestrador do RCD Espanyol de Barcelona; Roberto Martínez, seleccionador de Bélxica; Diego Ríos, adestrador galego do Levante UD de fútbol sala; e Antonio Vadillo, técnico do Palma Futsal.

Entrega na sede da RFGF en Santiago de Compostela.

O acto de entrega tivo lugar este luns na sede da RFGF en Santiago de Compostela. No mesmo estiveron presentes os vicepresidentes da RGFG, Javier García e Fernando Iglesias, o presidente do Comité Galego de Adestradores e director da Escola, Iván Cancela, o delegado federativo Javier Reyes, a integrante do departamento de rsc do grupo Gadisa, Lucía Santos, e o presidente do Banco de Alimentos de Galicia, José Pita.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00