Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast
Política
O Porriño

O Goberno decide prescindir de 5 coches

El alcalde en el garaje donde están guardados los coches

El alcalde en el garaje donde están guardados los coches / Concello de O Porriño

El alcalde en el garaje donde están guardados los coches

Vigo

O goberno local que preside Alejandro Lorenzo anunciou hoxe que prescindirá de cinco vehículos -os de máis luxo e cilindrada- do parque municipal para aforrar "gastos innecesarios". Son o tres SEAT Ateca, o Mini Cooper e o Renault Megane que foron adscritos á Alcaldía, concelleiros do goberno municipal e á Policía Local.

Os cinco vehículos supoñen o 20% do custo, é dicir, 56.572 € de euros de aforro, da operación de renting por un importe total de 627.602 euros que realizou en 2019 o anterior equipo de goberno para renovar o parque municipal.

O alcalde Alejandro Lorenzo insistiu que esta decisión que xa se atopa en tramitación, "inscríbese na nosa defensa do interese público que nos obriga a priorizar gastos, pagar facturas e licitar servizos básicos. Temos máis de 5 millóns de euros en facturas pendentes de pago, á espera do que conclúa a auditoría”.

O alcalde manifestou que “aínda que a situación económica fora boa, non se xustificaba a asignación dun vehículo para cada concelleiro. Coido que ningún concello de España o poida permitir. Tratábase dun luxo innecesario e inxustificable”, concluíu Lorenzo.

A maiores, o goberno municipal dispón dun informe xurídico solicitado á Deputación de Pontevedra que conclúe que a resolución deste contrato de renting sería viable “por cuestións de interese público”.

Máis vantaxes que inconvenientes

Nueva APP de Cadena SER

Descubre la nueva app de Cadena SER Te ofrecemos una mejor experiencia de audio y video

Descargar

“Aínda que a devolución destes cinco vehículos podería supor unha penalización da orde de 3.300 euros por parte da adxudicataria do renting, as vantaxes son evidentes porque xeraremos a longo prazo un aforro moitísimo maior, da orde de algo máis de 53.000 euros”, explicou o primeiro tenente de alcalde Abel Estévez.

Segundo indicou, "unha vez revisada a quilometraxe e o uso do parque de vehículos de", detectamos un exceso manifesto de turismos, polo que é necesario devolver os coches de gama máis alta e de maior cilindrada", engadiu Estévez, e adiantou que “este goberno seguirá revisando se é posible prescindir dalgún máis”.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estás escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir