Ramón Ares: "A Covid-19 está entre nós todos os días pero ás fins de semana aumenta a interacción social"
O Xerente da Área Sanitaria de Lugo, Monforte e A Mariña confirma que a situación en Lugo é de "meseta" e agarda que pronto baixen os casos
Lugo
A situación da covid-19 en Lugo está en "meseta", así o ben de describir o Xerente da Área Sanitaria de Lugo, Monforte e A Mariña, Ramón Ares. Tras coñecerse que as medidas propostas pola Xunta de Galicia para a contención da propagación do virus se materán ata finais de xaneiro, Ares matiza que "malia que en mediciña nada é exacto", todo apunta a que "nos vindeiros 15 días baixará a incidencia" na provincia lucense.
Con 717 novos contaxios nas derradeiras 24 horas, o número totas de casos activos en Lugo ascente ata os 6.317, 32.116 xa dende o comezo da pandemia. A boa nova é que "evidenciase que a vacina axuda a non desenvolver sintomatoloxía grave" e que a meirande parte dos contaxiados pasan a enfemridade nas súas casas.
A presión hospitalaria "non é preocupante", hai 45 ingresos en Lugo e só 4 ocupan camas en UCI. "É certo que a vacinación non frea o contaxio, pero si evita que a enfermidade se complique e por is insistimos na necesidade de vacinarse", puntualiz que en Lugo más do 90% da pobiación xa conta coa pauta completa e "nos próximos días comezarán a inxectarse as doses de reforzo" no grupo de entre 30 a 39 anos.
Malia que a sexta onda está a ser máis leve en relación as complicacións de saúde, é certo que o nivel de propagación de Ómicron é moito más veloz que as até o de agora coñecidas. É por iso polo que dende Sanidade ven de decidirse a prolongación das restriccións. Mantense o "toque de non queda" e prohíbense as reunións con non convivintes entre as 3 e as 6 da mañá durante as madrugadas do xoves, venres e sábado. O xerente explica que "malia que o coronavirus vive entre nós todos os días da semana as 24 horas do día, durante as fins de semana cambiamos os noso hábitos sociais e é cando aumenta o risco", matiza.
Autotest antíxenos
Dende que os test de antíxenos aterraron nas farmacias, cada vez son máis os que abusan deles. Dende a xerencia da área sanitaria lucense explican que estes "test son de gran axuda se comezamos a ter síntomas", se ser asintomáticos non recomendan facelos "sen control e sen instrumentalizalos".
O que si recomenda Ramón Ares é seguir ó pe da letra as recomendacións e as normas para evitar a propagación do virus. "Non todos temos a mesma intensidade no respeto das medidas e está demostrado que son efectivas", recalca.
Sara Meijide
Redactora de Radio Lugo