Jueves, 27 de Enero de 2022

Otras localidades

PSdeG-PSOE

David Regades defende a Reforma Laboral como o froito "dun gran acordo social"

Reclama un gran acordo político para sacala adiante

David Regades en rueda de prensa

David Regades en rueda de prensa / PSdeG

“Como é posible que un gran pacto social, asinado pola patronal e os principais sindicatos, para erradicar os contratos precarios e consolidar a calidade no emprego non se secunde cun gran acordo político?” preguntouse o secretario xeral dos socialistas da provincia, David Regades, durante o almorzo informativo que hoxe ofreceu en Vigo acompañado dos/as deputados/as Guillermo Meijón e Ángeles Marra e os/as senadores/as María Adrio e Modesto Pose.

Regades amosouse convencido de que nas próximas semanas iranse sumando os apoios necesarios para que a Reforma Laboral saia adiante no debate parlamentario.

“Hoxe hai menos xente no paro e máis xente cotizando na Seguridade Social que cando España estaba gobernada polo PP”, recalcou, antes de detallar que o desemprego descendeu na provincia de Pontevedra, dende que Pedro Sánchez é presidente do Goberno nun 10,3%, pois pasou das 170.065 persoas sen emprego que había en xuño de 2018 ás 152.584 da actualidade “e iso a pesar de que no medio cruzouse a pandemia e a peor crise recente da humanidade”. En paralelo, o número de cotizantes á Seguridade Social incrementouse nun 3%, pasando de 352.326 persoas na provincia a 362.528 para o mesmo período. David Regades concluíu que o Goberno de Pedro Sánchez “séntalle moi ben a esta provincia, o motor socioeconómico de Galicia” pois a redución do desemprego en Vigo neste tempo de goberno socialista estivo preto do 10%, foi de máis dun 12% na cidade de Pontevedra e situouse por enriba do 11% en Vilagarcía. “Agora toca sentar as bases lexislativas para que o emprego siga crecendo”. O secretario xeral abundou en que o escenario macroeconómico, “a pesar das crises nas cadeas de subministracións e dos semicondutores” apunta nesa dirección.

Regades recalcou que “a sociedade galega está de acordo con esta Reforma Laboral, pero parece que o PP e o BNG, non”. “Feijoo fixo unhas vagas declaracións, vítima da política negacionista que irradia a sede de Génova”. O secretario xeral socialista falou dos “silencios covardes e torpes” do presidente da Xunta e engadiu que “Feijoo está a desaproveitar unha oportunidade de demostrar que é un político de Estado e de raza”.

Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

A continuación

    Último boletín

    Emisoras

    Elige una emisora

    Cadena SER

    Compartir

    Tu contenido empezará después de la publicidad

    Cadena SER

    ¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?