Jueves, 27 de Enero de 2022

Otras localidades

Baiona

O Centro de Información á Muller amplía o horario de atención

Centro de Información á Muller

Centro de Información á Muller / Concello de Baiona

A Concellería de Igualdade do Concello de Baiona incrementa o horario semanal de asesoramento xurídico e asesoramento psicolóxico do Centro de Información á Muller (CIM). Con esta ampliación no seu horario de tarde espérase mellorar a atención cun mellor servizo as persoas usuarias.

Este servizo atende a un importante número de mulleres cun trato profesional e moitas veces de acompañamento. Así, dentro desta dúas áreas de atención realízanse un importarche número de intervencións de atención baixo previa cita a través do teléfono 986 35 75 54.

As mulleres acoden por diferentes causas pero os problemas máis comúns son a violencia de xénero na contorna familiar, dificultades e reaxustes de parella, rupturas e problemas de carácter afectivo, e trastornos de ánimo por diversas causas. Tamén se atenden casos de problemas con fillos menores ou situacións de acoso e violencia en mozas.

O CIM ofrece, de forma gratuita, asesoramento xurídico, atención psicolóxica, orientación profesional, información en materia de recursos sociais, asociacionismo e calquera outra consulta relacionada coa igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.

O servizo xurídico préstase, de luns a xoves de 9 a 14 horas, ampliándose en horario de tarde os venres de 16:30h a 19:30h; mentres que o psicolóxico funciona en horario martes e venres de 9:00 a 13:30h, ampliándose en horario de tarde os xoves de 16:30 a 19:30h.

O centro está aberto de luns a venres de 9 a 14:00h.

A Concelleira de Igualdade do Concello de Baiona, Yasmina Moreira Costas, destacou a experiencia e a dedicación das profesionais que desempeñan o seu traballo no CIM de Baiona e a importancia deste servizo para as mulleres en particular e para toda a sociedade en xeral.

Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

A continuación

    Último boletín

    Emisoras

    Elige una emisora

    Cadena SER

    Compartir

    Tu contenido empezará después de la publicidad

    Cadena SER

    ¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?