A Orquestra Sinfónica de Galicia volve aos concertos de abono cun 80% de aforo completado
Antes do verán anunciará o nome do seu novo director, na última tempada de Dima
A Coruña
A normalidade volve progresivamente á actividade da Orquestra Sinfónica de Galicia que retomou os concertos de abono cun oitenta por cento de ocupación, na media do sector. Volveron tamén os concertos didácticos con máis medidas de seguridade e hai xiras previstas xa en breve, con concertos en Oviedo en febreiro e en Madrid en marzo, coa Orquestra Nacional de España. Será o último ano con Dima á fronte. A xerencia está a buscar substituto que se anunciará antes do verán.
O xerente da Sinfónica, Andrés Lacasa, espera que a partir do verán volvan os concertos de gran formato, mesmo con artistas pop e rock, sempre que o eprmita a evolución da pandemia. A achega da Xunta a través do programa do Xacobeo diluíu as diferenzas co Concello polo financiamento da formación orquestral que segue sendo unha iniciativa municipal.
Subliña tamén Lacasa a boa acollida da venda de entradas soltas e a volta do abono do sábado. En maio recuperarase unha iniciativa relacionada cos concertos didácticos, "A viaxe de Walt" baseada en clásicos de Waly Disney. Nos concertos con colexios se estabñecen grupos burbullas e espázanse as actuacións para evitar aglomeracións nas entradas e saídas.