Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Marea esixe a inmediata retirada da publicidade que forman parte da campaña antiabortista

Asegura que é un evidente incumprimento da empresa concesionaria do artigo 14 do prego administrativo

Marquesina antiabortista / E.P

Marquesina antiabortista

Vigo

Esta asociación ultracatólica - sinala a concelleira - ten desenvolvido estes días unha campaña en 33 cidades do Estado co lema 'Cancelado' e na que suscitan expresamente ás concentracións e acoso ante as clínicas onde se practiquen interrupcións voluntarias de embarazos”. Esta campaña, especialmente apoiada por marquesiñas, cartelería e outros elementos na vía pública, “chegou aos elementos publicitarios públicos existentes no Concello de Vigo e de titularidade municipal e están, polo tanto, baixo responsabilidade de Goberno local a pesar de estar xestionado de xeito indirecto por unha empresa concesionaria” afirma Oriana Méndez.

Marea de Vigo solicitou hoxe o expediente completo do contrato e remitiu un escrito á concellería de igualdade e a concellería de mobilidade e seguridade (a que ten facultade administrativa no contrato) para que soliciten de inmediato a retirada de esta campaña vexatoria e acosadora a un dereito reglado e absolutamente lícito das mulleres, ante o que considera “unha clara deixación de funcións inspectoras do Concello de Vigo no procedemento dunha concesionaria”.

Marea de Vigo lembra que o prego indica no seu artigo 24 a facultade de dirección e inspección da administración, que corresponde a Área de Seguridade, o no seu caso da área que se designe, quen poderá dirixir instrucións ao adxudicatario sempre que non supoñan modificacions das clausulas dos pregos aprobados e demáis documentos contractuais, “que neste caso simplemente sería conminalos a cumprir o artigo 14 do prego que literalmente di: Os licitadores se obrigan expresamente a cumprir con toda a normativa sobre a natureza da publicidade exposta tanto en cuanto a súa localización como ao seu contido con estrito cumprimento das normativas de aplicación a nivel nacional, autonómico e local, non admitindose en ningún caso publicidade sexista, vexatoria ou que non respete a liberdade relixiosa ou calquera outra contraria á constitución” conclúe a concelleira, Oriana Méndez.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir