Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Vigo acolle o único concerto en Galicia da Xira conxunta de Barón Rojo e Obús

Barón Rojo están inmersos na súa xira de despedida, 'El último vuelo'

Cartel Barón Rojo y Obús / Auditorio Mar de Vigo

Cartel Barón Rojo y Obús

Vigo

Os seguidores destes dous xigantes do rock están de sorte. Nunha soa noite poderán escoitar a dúas das bandas máis representativas do rock’n’ roll español, lendas na historia da música do noso país, Barón Rojo e Obús. Os primeiros están inmersos na súa xira de despedida chamada ‘El último vuelo’, cos irmáns De Castro á fronte da nave; e Obús presentan a xira 40º aniversario con Fortu, Paco e compañía, heavy metal do bo cun directo ao seu nivel.

Dous colosos fronte a fronte o vindeiro 8 de abril, unha oportunidade única para gozar en directo de temas como ‘Resistiré, ‘Los rockeros van al infierno’, ‘Cuerdas de acero’, ‘Siempre estás allí’, ‘Dinero, dinero’, ‘Va a estallar el obús’, ‘El que más’, ‘Vamos muy bien’ e unha infinidade de temas que xa forman parte da nosa memoria colectiva. Este novo evento completa o intenso calendario musical do Auditorio para os vindeiros meses cos xa confirmados Nacho Vegas (12 de febreiro) Mikel Erentxun (25 de febreiro), Alberto Pla (12 de marzo), Quique González (25 de marzo), Tanxugueiras (1 de abril), Miss Caffeina (2 de abril), así como artistas de gran dimensión internacional como The Eels (12 de abril) e Leon Bridges (10 de xullo). Todos eles elexiron o Auditorio Mar de Vigo para as súas xiras e todos presentarán aquí os seus novos discos. Para algúns dos espectáculos, como a actuación de Tanxugueiras, as entradas xa están esgotadas desde hai días.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir